Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Obradoiro 'Coaching: Linguaxe non verbal e análise' en Verín
Obradoiro 'Coaching: Linguaxe non verbal e análise' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Setembro 2013 11:29

O mércores 02 de outubro, ás 17.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Verín terá lugar o obradoiro 'Coaching: Linguaxe non verbal e análise', a cargo de Elena Garrido Villarino.

Devandito obradoiro, organizado pola UNED Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, analizará a linguaxe non verbal non só como ferramenta de “coaching” senón como parte esencial nos procesos de comunicación. Tamén se abordará este tipo de linguaxe e como funciona o cerebro para dar respostas corporais e de expresión facial ante determinados estímulos, cales son os xestos máis valorados, expresións universais e como o corpo e a mente están tan profundamente conectados que un pode modificar ao outro a niveis físicos.

Elena Garrido é directora de proxectos na Escola Europea de Líderes, organización especializada no adestramento, certificación e capacitación de profesionais que desexan adestrar o seu máximo potencial e axudar a outras persoas a que consigan o mesmo dende o Coaching, Management e Intelixencia Emocional. Ademais é coach persoal e empresarial especializada en Retail Coaching e Coaching Comercial, especialista en Intelixencia Emocional, formadora da certificación internacional en coaching na UNED Ourense, máis de 14 anos de experiencia en xestión e dirección de equipos de alto rendemento; ten adestrado a máis de 1.300 en distintas multinacionais en España, Portugal e Italia, nas áreas de recursos humanos, comercial, comunicación dentro do equipo e construción de líderes.

Para participar no obradoiro 'Coaching: Linguaxe non verbal e análise' é necesario formalizar a inscrición no departamento Educación Familiar (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal-11 bis, no teléfono 988-414776 ou no correo electrónico:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ). Os/As asistentes ao obradoiro recibirán una acreditación de participación, concedida pola UNED.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28