Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Urbanismo
Licenza para Guindastre e Valado PDF Imprimir Correo-e
A licenza urbanística ten por finalidade comprobar que os actos de edificación e uso do solo proxectados  axustanse ao ordenamento urbanístico vixente. Así mesmo, para a concesión da licenza verificarase se o aproveitamento proxectado axustase ao susceptible de apropiación e se as obras e usos proxectados reúnen as condicións esixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade.

Como facelo

Presencialmente

Debe presentar na oficina de Rexistro do Concello de Verín o impreso de solicitude xunto con toda a documentación requirida.

Documentación requirida

  • Solicitude especificando a Licenza de Obras concedida ou en trámite.
  • Proxecto técnico que incluirá as características da guindastre; plano da ubicación exacta da guindastre torre coas áreas de barrido, firmado polo Arquitecto director da obra.
  • Estudio básico de seguridade e saúde para o persoal de montaxe.
  • Autorización da Dirección Xeral de Industria de Enerxía e Minas.
  • Contrato de seguro de responsabilidade civil.
  • Certificado do bo funcionamento e seguridade da guindastre torre, durante o transcurso das obras e ata a súa desmontaxe, expedido por técnico competente e visado polo Colexio profesional correspondente.
  • Liquidación da taxa por ocupación de dominio público.

Donde facelo

Oficina de Rexistro do Concello.
Concello de Verín
Teléfono: 988410000-01
Horario: De 9:00 a 14:00 horas.

Normativa Municipal

  • Ordenanza Nº 14: Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por ocupación de Terreos de Uso público local con mercadorías, materiais de construción, cascallos, valados, puntais, soportes, andamios e outras instalacións análogas.