Programa de voluntariado ambiental para a rexeneración do monte

Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Programa de voluntariado ambiental para a rexeneración do monte
Programa de voluntariado ambiental para a rexeneración do monte PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Outubro 2013 11:12

As consellerías de Traballo e Benestar e Medio Rural e do Mar poñen en marcha un programa pioneiro ambiental centrado na limpeza e na rexeneración dos montes, cuxa inscrición pode realizarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín (1º andar da Casa da Xuventude, Avda. de Portugal 11 bis).

O programa desenvolverase en quendas de 5 días dende o 21 de outubro ata final de ano, e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 10 persoas voluntarias xunto cun monitor realizarán diferentes actividades de rexeneración e preservación da masa forestal (a primeira semana as actividades realizaranse no Monte Pindo).

Os obxectivos do programa son: colaborar na rexeneración e preservación da masa forestal, reforzar a idea da necesidade de conservar os nosos recursos forestais, fomentar unha actitude de prevención de riscos nos nosos montes e promover mecanismos que incidan en actitudes de persuasión fronte ao descoido ou a irresponsabilidade no monte.

As actividades a realizar polos participantes no programa foron establecidas pola Secretaría xeral de Medio Rural e Montes e serán as seguintes: colaboración na restauración de áreas incendiadas, limpeza e desbroce de cortalumes e repoboación do monte. O programa inclúe: aloxamento e pensión completa, programa de actividades e monitores, seguro de accidentes e de responsabilidade civil (o desprazamento ata o punto de queda será por conta dos participantes).

Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade. As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que a indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar. Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrito como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59