Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Urbanismo Licenzas de Apertura
Licenza de Apertura para Actividade Inocua PDF Imprimir Correo-e

A licenza urbanística ten por finalidade comprobar que os actos de edificación e uso do solo proxectados se axustan ao ordenamento urbanístico vixente. Así mesmo, para a concesión da licenza verificarase se o aproveitamento proxectado se axusta ó susceptible de apropiación e se as obras e usos proxectados reúnen as condicións esixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade.

Como facelo

Presencialmente

Debe presentar na oficina de Rexistro do Concello de Verín impreso de solicitude xunto con toda a documentación requerida.

Documentación requirida

  • Xustificante do pagamento de taxas. O pago das taxas efectuarase na Tesouraría do Concello ou ben mediante transferencia bancaria (Caixa Nova: 2080 / 0344 / 53 / 0040151428).
  • Plano a escala da cartografía oficial. Con indicación do local no que se solicita a actividade.
  • Proxecto técnico de adaptación de local, redactado por técnico competente e visado polo colexio oficial correspondente. 2 copias.

No caso de non existir obras de adaptación de local:

  • Informe de estado actual do local, redactado por técnico competente e visado polo colexio oficial correspondente ademáis dun certificado de solidez e seguridade. 2 copias.

No caso de ampliación, reforma ou cambio de actividade :

  • Licenza da actividade existente (Fotocopia)

Donde Facelo

Oficina de Rexistro do Concello
Concello de Verín
Teléfono: 988410000-01
Horario: De 9:00 a 14:00 horas.