Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas O Concello de Verín asina un convenio con Eroski para a cesión de alimentos ao Banco de Roupa Municipal
O Concello de Verín asina un convenio con Eroski para a cesión de alimentos ao Banco de Roupa Municipal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Outubro 2013 11:11

O Concello de Verín acaba de asinar un convenio co grupo Eroski para a cesión de alimentos ao Banco de Roupa Municipal, que serán repartidos de modo diario entre as familias que máis o necesiten deste municipio.

O Concello de Verín é sensible ante as especiais dificultades que atravesan moitas familias e persoas do municipio a hora de cubrir as necesidades básicas, ben sexa pola situación de desemprego, enfermidade ou outras. Co fin de paliar esta situación, o departamento de Servizos Sociais municipal atende desde fai anos esta demanda ordinaria, con prioridade cara as persoas que se atopan en situación de carencia e exclusión. Ata este momento, desde o Banco de Roupa de Verín ofrecíase aos/ás usuarios/as roupa, calzado, complementos infantís, xoguetes ou libros; ademais de facilitar alimentos en casos e campañas puntuais ás persoas máis necesitadas.

O grupo Eroski, coñecedor desta labor social desenvolvida polo Concello de Verín, decidiu sumarse a esta actuación e cederá, de modo desinteresado, alimentos de primeira necesidade que se repartirán entre as persoas máis necesitadas, de modo que sempre exista un excedente alimentario no Banco de Roupa Municipal. Neste lugar garantirase a correcta conservación dos produtos recibidos, en particular as relativas á temperatura de conservación, e tamén no referente as datas de caducidade.

Para ser beneficiario/a desta axuda alimentaria é imprescindible a valoración previa por parte do departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín. Estímase que sobre unhas cen familias e/ou persoas, de modo regular, poderían beneficiarse destas doazóns de alimentos, que serán entregadas pola voluntaria responsable do roupeiro, Rosa Rodríguez, no local situado na avenida Luis Espada nº 81 de Verín.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59