Curso de alfabetización dixital para persoas en risco de exclusión social

Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Curso de alfabetización dixital para persoas en risco de exclusión social
Curso de alfabetización dixital para persoas en risco de exclusión social PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 31 Outubro 2013 14:40

As oficinas de Atención ao Inmigrante e do Plan Xitano do Concello de Verín promoven a organización dun curso de alfabetización dixital destinado a persoas en risco de exclusión social do municipio, en concreto, mulleres de etnia xitana e inmigrantes maiores de 18 anos.


Este curso, enmarcado dentro do programa de inclusión social da poboación inmigrante e da comunidade xitana, terá lugar durante do 4 ao 29 de novembro. O mesmo impartirase na aula multimedia CeMIT do Concello de Verín, de 17.30 a 19.30 horas, e entre as cuestións formativas que se ensinarán están iniciación á informática, internet básico e correo electrónico (nivel básico).

O obxectivo deste curso de alfabetización dixital é facilitar coñecementos para localizar, organizar, avaliar e analizar información a través da tecnoloxía dixital; é dicir, desenvolver as habilidades para o uso da informática nas súas distintas variantes tecnolóxicas (ordenadores, persoais, navegación por Internet). Ademais de romper a tecnofobia e despertar o interese polas TIC (tencoloxías da información e comunicación).







 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59