Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Accións formativas de reforzo educativo e de preparación para a obtención do graduado en ESO
Accións formativas de reforzo educativo e de preparación para a obtención do graduado en ESO PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Novembro 2013 13:06

O departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, enmarcado nas actividades da Escola de Familia, pon en marcha dúas novas accións formativas: 'Acompañamento e reforzo educativo. Estudar pode ser divertido' e 'Reenganchate aos estudos, nunca é tarde para aprender', que se impartirán no edificio municipal de O Lavadoiro.

A acción 'Acompañamento e reforzo educativo. Estudar pode ser divertido' ten por obxecto o establecemento de medios axeitados para o apoio educativo a alumnos/as de último curso de educación Infantil e educación Primaria que o necesiten, en maior medida, para a realización de tarefas de reforzo nos seus estudos; co fin de diminuír o índice de fracaso escolar e orientar aos/ás menores nas técnicas e hábitos de estudo, así como fomentar o grado de comprensión nas diferentes materias. Para mellorar os resultados farase fincapé nas dificultades que podan condicionar o aprendizaxe de materias instrumentais básicas, e axudarase ao alumnado a organizar as tarefas escolares co fin de seguir o ritmo da aula nos centros educativos. As clases desta iniciativa educativa terán lugar os luns de 16 a 18 horas e martes de 16 a 18.30 horas (grupos reducidos cun número máximo de alumnos/as).

Mentres que as da iniciativa 'Reenganchate aos estudos, nunca é tarde para aprender' está destinada a preparación para as probas libres do graduado en educación secundaria obrigatoria. Unhas aulas de preparación de ESO, a segunda liña de probas libres para a preparación da convocatoria de maio de 2014, realizadas de maneira continua, co obxecto de mellorar as cualificacións, coñecementos e capacidades para a superación desta proba. As probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria constitúen unha vía extraordinaria para acceder a titulación básica oficial do sistema educativo, permitindo ademais a continuación dos estudos de Bacharelato ou de ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño. Para presentarse a estas probas, dirixidas a maiores de 18 anos ou que cumpran esta idade no 2013 e aínda non teñan esta titulación, non é necesario ningún requisito académico (con todo, as persoas interesadas poden estar exentas de realizar algunha proba, en función dos estudos previamente realizados). As clases desta iniciativa educativa serán os xoves e venres, de 10 a 12 horas (grupos reducidos).

Máis información e inscrición no Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal do servizo municipal de Educación Familiar (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal-11 bis, no teléfono 988-414776 ou no correo electrónico:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ).

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28