Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberta a inscrición para o Obradoiro do Cigarrón
Aberta a inscrición para o Obradoiro do Cigarrón PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Outubro 2008 10:23
O Concello de Verín organiza, un ano máis, un obradoiro para aprender a facer o disfrace de cigarrón, ben sexa completo ou partes desta máscara. Os/as interesados/as poden inscribirse até o día 14 de novembro na Casa do Concello, na oficina de información (planta baixa).
As actividades formativas comezarán coa segunda quincena de novembro, e na semana que remata co Domingo de Corredoiro exporanse na Casa do Escudo os disfraces que se confeccionaron.

O cigarrón é unha das mostras máis importantes de cultura material, no relativo á vestimenta das efemérides, tanto do patrimonio local como do de Galicia. Por este motivo desde o ano 1997, o Concello de Verín organiza anualmente este obradoiro. A finalidade é dobre: divulgar patróns para a confección dos diversos elementos que compoñen esa peculiar máscara, e ofrecerlle a posibilidade de facer os compoñentes deste complexo disfrace a calquera persoa sen coñecementos.

No Obradoiro do Cigarrón apréndelle aos inscritos a facer os elementos artesanais da máscara, que son todos os do disfrace agás a camisa, as polainas, as medias, as faixas, a pano do lombo, os zapatos e os chocallos, que se poden adquirir de produción industrial. Tamén se informa aos participantes sobre o tipo de calzado que harmoniza co traxe, que tipo de chocallos e cantos se deben adquirir, ou como vestir o disfrace e utilizalo en público. Con isto preténdese que o cigarrón se manteña dentro duns canons de respecto polas formas clásicas da máscara, e que non se inclúan elementos aberrantes na confección e o uso.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac