Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Reunión do alcalde de Verín co conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Reunión do alcalde de Verín co conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Novembro 2008 18:32
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, reuniuse co conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez Fernández, co obxectivo de mostrarlle as actuacións realizadas pola institución local no ámbito ambiental, así como para exporlle as necesidades existentes e definir os futuros proxectos a desenvolver no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín.

En devandita reunión, Manuel Vázquez anunciou que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible licitará antes de fin de ano o proxecto de mellora da depuradora de augas (EDAR) de Verín, que conta cun investimento de 1,8 millóns de euros. Esta actuación forma parte dun plan de saneamento integral e recuperación ambiental do río Támega, que busca mellorar a calidade da auga e eliminar os puntos de verteduras na canle.

Ademais, tanto o alcalde de Verín como o conselleiro recordaron que, actualmente, estase traballando na mellora das infraestruturas hidráulicas da rúa Espido, barrio de San Roque, regato de Ábedes e da rúa Río Támega, e no abastecemento e saneamento do pobo de Cabreiroá.
 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac