Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil 'Esquiando en Manzaneda'
'Esquiando en Manzaneda' PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Decembro 2013 14:11

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, dentro do ciclo actividades programadas para o Nadal, abre o prazo de inscrición, a partir do martes 10 de decembro, para formar parte da actividade 'Esquiando en Manzaneda', realizada para que os/as nenos/as de Verín e comarca poidan acudir a esta estación de montaña e así aprender o deporte do esquí.


Devandita actividade deportiva terá lugar o vindeiro 02 de xaneiro, e está destinada a menores con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos. O número de prazas ofertada é e 50. O  prezo por asistir a actividade 'Esquiando en Manzaneda' é de 30 euros, e inclúe o desprazamento entre Verín e a estación de Manzaneda (a saída será ás 8 horas, desde a praza do Concello, e o retorno ás 19.30 horas, ao mesmo lugar), seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes, monitores/as acompañantes, xantar, forfait, material de esquí (botas, esquís e bastóns), acceso aos remontes en telesilla, clases de esquí con profesores titulados, ademais de poder participar noutras actividades que se ofertan nesta estación como son palas ou esquí libre, entre outras.

Máis información e inscrición na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal-11 bis, no teléfono 988-414776 ou no correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )




 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59