O Fondo Solidario de Verín organiza un 'rastrillo' de Nadal ata o 5 de xaneiro

Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas O Fondo Solidario de Verín organiza un 'rastrillo' de Nadal ata o 5 de xaneiro
O Fondo Solidario de Verín organiza un 'rastrillo' de Nadal ata o 5 de xaneiro PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Decembro 2013 13:54

Desde mañá martes e ata o vindeiro 05 de xaneiro, o Fondo Social Municipal de Verín promove a realización dun 'rastrillo' de Nadal, destinado a recadar achegas monetarias que permitirán adquirir alimentos para as persoas usuarias desde servizo.


Neste 'rastrillo' solidario poderán adquirirse artigos novos doados por veciños/ás e establecementos comerciais da vila do Támega. Entre eles encóntranse roupa, tanto para adultos como infantil, xoguetes, cadros, elementos de decoración, bixutería ou artigos de papelaría, entre outros. O prezo simbólico destes produtos oscila entre os dous e trinta euros, e todo o diñeiro recadado será destinado á compra de alimentos e así paliar as necesidades básicas dos/as usuarios/as deste municipio. É o segundo ano consecutivo que se promove devandita iniciativa solidaria, co obxecto de axudar aos que menos teñen, e nela tamén colaboran as voluntarias do Fondo Solidario de Verín.

Esta iniciativa solidaria estará situada na avenida de Portugal nº 38 e o horario de apertura ao público será de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas.

O Fondo Social Municipal é un servizo dependente da área de Benestar Social e Servizos Sociais de Atención Primaria, e está destinado a prover ás persoas en situación de urxencia social de Verín dunha axuda inmediata, que palie as necesidades máis básicas, como roupa, calzado, complementos infantís, xoguetes ou libros dos máis desfavorecidos ou en situación de pobreza e marxinación.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59