Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar 'Xornada de Coaching Empresarial' en Verín
'Xornada de Coaching Empresarial' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Febreiro 2014 16:44

O vindeiro 17 de febreiro, de 18 a 21 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Verín terá lugar a actividade 'Xornada de Coaching Empresarial', a cargo de Marta Salazar Portero.


Durante a realización desta xornada os/as participantes coñecerán de primeira man, a través dunha metodoloxía participativa e dinámica, as posibilidades do coaching empresarial como ferramenta o servizo do desenvolvemento dos profesionais e organizacións. O obxectivo fundamental desta xornada de adestramento é acadar unha comprensión do sentido do auténtico liderado e do imprescindible que resulta no mundo empresarial de hoxe (diferencia entre xerente e líder, calidades do líder coach, as cinco mentalidades do líder do século XXI ou motivación e liderado, entre outros).

Marta Salazar Portero é coach empresarial, executivo e de figuras públicas, especializada en comunicación, liderado e coaching para as relacións interpersoais.  Directora da Escola Europea de Líderes, coach profesinal certificado e certificación internacional en coaching. Con máis de 10 anos de experiencia no eido da dirección de equipos, congresista e relatora internacional ten adestrado a máis de 6.500 persoas en España, Portugal y América.

Para participar na 'Xornada de Coaching Empresarial' é necesario formalizar a inscrición en http://www.uned.es/ca-ourense/ (prazas limitadas). Máis información na Escola de Familia do Concello de Verín (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal-11 bis, no teléfono 988-414776).

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28