Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Tramitación da prestación económica de pagamento único por fillos/as menores de 3 anos nos Servizos Sociais de Verín
Tramitación da prestación económica de pagamento único por fillos/as menores de 3 anos nos Servizos Sociais de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Marzo 2014 12:34

O departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín informa, para coñecemento e difusión entre as familias do noso término municipal, que xa está aberto o prazo de solicitude da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o exercicio  2014 .


Esta  axuda,consistente nun pago único de 360 euros, ven de ser convocada pola Xunta de Galicia como en anos anteriores, e vai dirixida, dentro da política integral de atención á familia, a aquelas persoas que teñan ó seu cargo fillos/as menores de tres anos na data de 01 de xaneiro de 2014 (é dicir, nacidos entre o 02-01-2011 e o 01-01-2014, inclusive), e que por razón dos ingresos económicos obtidos durante o ano 2012 nin elas, nin ningún membro da unidade familiar, estivesen  obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a  renda das persoas físicas (IRPF), correspondente a este período, nin sequera de xeito voluntario.                                                                                                                                           
A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos en contía de 360 euros. A documentación básica a aportar é a fotocopia do DNI do solicitante e cónxuxe, fotocopias do Libro de familia, certificado de empadroamento e nº de conta bancaria.  O prazo de presentación  remata o 26 de abril de 2014, e as solicitudes, en modelo oficial, serán tramitadas nas oficinas dos Servizos Sociais municipais, situadas na planta baixa da Casa da Xuventude, en horario de 9 a 13 horas.

Este departamento municipal anima os pais e nais a que acudan  a informarse destas axudas e doutras que lle podan afectar no eido da protección familiar, xa que logo moitas veces os dereitos non se exercen por descoñecemento ou falta de información.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59