Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas A Obra Social 'La Caixa' otorga unha axuda de 7.000 euros ao Banco Municipal de Roupa e Alimentos do Concello de Verín
A Obra Social 'La Caixa' otorga unha axuda de 7.000 euros ao Banco Municipal de Roupa e Alimentos do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Decembro 2008 13:20
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director de área de negocio de 'La Caixa' en Ourense, Julio Armada, subscribiron un acordo polo que a Obra Social da entidade financeira sumarase á iniciativa municipal do Banco de Roupa e Alimentos, cunha achega económica de 7.000 euros. A finalidade do Banco Municipal de Roupa e Alimentos é prover ás persoas en situación de urxencia social da localidade, unha axuda inmediata para paliar as necesidades máis básicas, como calzado, roupa, alimentos, complementos infantís e para recentemente nados, xoguetes, libros ou contos infantís; co obxectivo de evitar as situacións de pobreza e marxinación de residentes no termo municipal de Verín. Grupos de voluntarios e traballadores sociais do consistorio encargaranse da recepción, preparación (lavado, reparación e clasificiación) e entrega dos efectos, cuxos destinatarios deberán ser avaliados previamente polos Servizos Sociais do Concello de Verín.
 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59