Cheque infantil para guarderías non públicas

Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Cheque infantil para guarderías non públicas
Cheque infantil para guarderías non públicas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 Maio 2014 13:35

Desde os departamento de Servizos Sociais e Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Verín infórmase da publicación das axudas económicas, da Consellería de Traballo e Benestar, para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Cheque infantil, e se procede á súa convocatoria.


O obxecto é a concesión de axudas económicas para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos por un período máximo de 11 meses. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.
A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo co cadro seguinte, non podendo superar en ningún caso o custo da praza:

Tramo de renda per cápita

Atención educativa

Atención educativa
con comedor

Contía máxima
mensual de axuda
por praza

Contía máxima
mensual de axuda
por praza

Inferior ao 30% do IPREM

De 0 a 159,74 €

180,00 €

250,00 €

Entre 30% e < 50% do IPREM

De 159,75 a 266,25 €

180,00 €

233,00 €

Entre 50% e < 75% do IPREM

De 266,26 a 399,37 €

147,00 €

200,00 €

Entre 75% e < 100% do IPREM

De 399,38 a 532,50 €

115,00 €

159,00 €

Entre 100% e < 125% do IPREM

De 532,51 a 665,63 €

75,00 €

109,00 €

Entre 125% e < 150% do IPREM

De 665,64 a 798,76 €

55,00 €

74,00 €

Entre o 150% do IPREM e 1.000 €

De 798,77 a 1.000 €

45,00 €

51,00 €

Superior a 1.000 €

 

45,00 €

 

No caso de media xornada a contía da axuda reducirase nun 50%, segundo corresponda en función do tipo de asistencia (con ou sen comedor).
Considérase que as/os nenas/os con necesidades específicas de apoio educativo ocupan dúas prazas polo que o importe da axuda multiplícase por 2.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
1. Renovación de praza: Terán preferencia aquelas persoas beneficiarias que tiveran recoñecida a axuda no curso anterior. Deberán cumprir os requisitos establecidos e renovar a praza do curso anterior.
2. Novas solicitudes de praza: as persoas con responsabilidade sobre nenas/os de 0 a 3 anos:
Solicitantes de praza, nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultaran adxudicatarios/as dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Consideraranse solicitantes sempre que exercesen a opción polo programa cheque infantil na solicitude de praza, polo que non terán que presentar solicitude.
Solicitantes residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e desexen obter a axuda para unha praza nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, nalgún centro privado existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen as/os nais/pais ou titores legais. Neste suposto, deberán presentar a solicitude e a documentación correspondente

Os requisitos das persoas beneficiarias e dos centros son:
Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade a 31 de decembro de 2011. No caso de nenos/as de integración poderá eximirse do cumprimento deste requisito.
Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas.
Os centros a que acudan as persoas beneficiarias deberán contar coa autorización establecida no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

Solicitudes e documentación:
1. Renovación de praza: As persoas beneficiarias que no curso 2013/2014 obtiveran axuda do programa cheque infantil en continúen interesados na praza adxudicada no ano anterior, presentaran solicitude (anexo I), marcando a opción que corresponda, así como:
- Declaración responsable de non percibir axudas para igual ou análoga finalidade ou, de ser o caso, relación das solicitadas (anexo I).
- Xustificación de ingresos
- Demais documentación no caso de producirse cambios nas circunstancias familiares.
1. Nova solicitude de praza: As persoas interesadas residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos,  presentarán anexo I, marcando a opción que corresponda. Achegarase a seguinte documentación:
- No caso de nenas/os con necesidades específicas de apoio educativo, declaración responsable do/a solicitante (anexo V). De dispor del, informe do equipo de valoración e orientación da Consellería de Traballo e Benestar, servizos especializados de atención temperá da Administración local ou autonómica ou órganos competentes da Administración do Estado sobre a súa necesidade de integración.
- Fotocopia cotexada ou dixitalizada do libro de familia ou documento que acredite oficialmente a situación familiar.
- Xustificación de ocupación ou de desemprego (no caso de persoas por conta allea: copia da última nómina, certificación de empresa ou vida laboral; no caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas: copia do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no réxime especial de traballadores autónomos ou da correspondente mutualidade, ou certificación de ser demandante de emprego con efectos do día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes).
- Declaración responsable de non percibir axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outras administracións públicas ou entidades privadas ou, de ser o caso, relación das solicitadas (anexo I).
- Xustificación de ingresos.
- Outros documentos, se procede, en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo, ou ben informe dos servizos sociais do concello correspondente.
- No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero acreditación por medio de calquera dos seguintes documentos:
*Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuña ou copia autenticada pola/o secretaria/o xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
*Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
*Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
*Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
*Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
*Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
*Calquera outra forma establecida regulamentariamente.

O prazo de solicitude finaliza o 25 de maio de 2014. Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Servizos Sociais ou Centro de Información ás Mulleres-CIM, situadas na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11Bis, 988-414776).

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59