Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Exposición 'Beléns e Arte Sacra'
Exposición 'Beléns e Arte Sacra' PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Decembro 2008 14:10
Desde o 18 de decembro ao 15 de xaneiro, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 'Beléns e Arte Sacra', de Virginia Estorninho (1944, Souropires-Portugal). Trípticos, belenes, imagenes da Última Cea, os arcanxos Miguel e Gabriel, A nosa Señora e o Neno, todas elas en madeira, son algunhas das pezas figurativas e representativas que recolle a mostra.
Virgina Estorninho, recoñecida pola súa carreira política no Partido Socialdemócrata, transforma a madeira, de forma autodidacta, en pezas sobrias e uniformes en cores, mantendo nelas o valor do sacro. Azambuja, Meda, Aguiar da Beira, Ourém, Lisboa, Gaia, Chaves ou Samouco son algunhas das localidades que acolleron esta mostra, que se pode visitar de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.






 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac