Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cursos para o certificado de Lingua Galega
Cursos para o certificado de Lingua Galega PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Decembro 2008 09:52
Até o día 30 de xaneiro, inclusive, pódense inscribir na Casa do Concello de Verín os interesados en facer Cursos de Galego correspondentes aos niveis CELGA 1, 2, 3 e 4. A inscrición é gratuíta. Os interesados só deberán presentar o DNI, para fotocopia, e cubrir un formulario.
Para facilitar a formación, recoméndaselle aos interesados que antes se informen exhaustivamente dos coñecementos previos que se requiren, no caso de se querer inscribir nos niveis 2, 3 ou 4.

Os cursos están promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e teñen como obxectivo ofrecerlle unha opción formativa ás persoas que carecen de acreditación oficial, por proceder de outras comunidades autónomas ou por non estudar galego na  formación obrigatoria ou no bacharelato.

A duración dos cursos é de 75 horas teórico-prácticas. Os cursos capacitan para se presentar ao exame do CELGA do nivel correspondente. Aos que superen as probas entrégaselle un diploma oficial avalado pola Consellería de Educación, acreditativo do nivel de formación superado, que é válido para calquera oposición que se convoque por organismos oficiais ou a efectos de currículo.
 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac