Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cadernos Manuel Taboada Cid para a difusión da cultura verinense
Cadernos Manuel Taboada Cid para a difusión da cultura verinense PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Decembro 2008 14:13
O delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes, Antonio Blanco Rodríguez, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán presentaron hoxe os Cadernos Manuel Taboada Cid para a difusión da cultura verinense, nun acto ao que tamén asistiron a viúva do autor, Nieves de Paula, e o seu irmán, Jesús Taboada Cid.
O Concello de Verín convoca anualmente o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, nas modalidades de 3º de Primaria, 1º Ciclo de ESO, 2º Ciclo de Eso e Bacharelato e Ciclos Formativos. Os traballos premiados en metálico destes certamen son os que compoñen o núcleo dos cadernos, que teñen como finalidade multiplicar o efecto que se procura coas convocatorias anuais dos premios: produción de textos en galego, fomento da creación lieteraria e normalización lingüística.

Os primeiros cuatro números fanse sobre papel reciclado, en formato DIN A4, cun total de 16 páxinas, con capa incluída. O deseño dos cadernos está conformado por: edicións separadas que se diferencian na cor da capa para Primaria, 1º ciclo ESO, 2º ciclo ESO e Bacharelato e Ciclos Formativos; e impresión en cuadricomía en portada e dúas tintas nas páxinas interiores, con ilustracións en portada e foto no interior do Verín de antano. A tirada total é de 2.000 exemplares, e para a súa elaboración contouse coa colaboración da Dirección Xeral de Creación.
        
Manuel Taboada Cid (Verín, 29-03-1946 / Santiago de Compostela, 27-07-1993), fillo de Xesús Taboada Chivite, foi o primeiro catedrático de Gramática Histórica do Castelán na Universidade da Coruña, secretario da Sección de Lingua e Literatura Galega do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e director xeral de Política Lingüística.
 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac