Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
A Eurocidade Chaves-Verín promove dous cursos de formación de lingua portuguesa PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Xaneiro 2009 13:14

A Eurocidade Chaves-Verín convoca dous cursos (un de portugués xeral e outro de portugués para atención ao público) de 2 meses de duración, a iniciar a finais do mes de xaneiro. Estes cursos impartiranse os luns e mércores en horario de tarde-noite, habendo unha primeira reunión informativa o 28 de xaneiro, no salón de actos da Casa da Cultura  ás 20.30 horas, onde se marcarán os horarios que mellor se adapten ás necesidades dos interesados. Os cursos son completamente gratuítos, e as inscricións poderán realizarse entre o 7 e o 25 de xaneiro, por teléfono no 988-410000, ou no Gabinete de Apoio á Eurocidade, situado no segundo piso da Casa  Concello, en horario de 11 a 14 horas. O número de prazas é limitado, polo que a prioridade será por rigorosa orde de inscrición.

O portugués é, na actualidade, a quinta lingua máis falada non mundo, con máis de 200 millóns de falantes. Por outra banda, o feito de ser a lingua máis próxima ao galego e ao castelán, as outras dúas linguas utilizadas na Eurocidade Chaves-Verín, son motivos suficientes para promover o seu coñecemento entre os habitantes deste lado da “raia”.

Este curso de iniciación á lingua portuguesa pretende favorecer o achegamento entre as dúas poboacións da Eurocidade, proporcionando os recursos lingüísticos e culturais necesarios para unha comunicación fluída entre os eurocidadáns.

O idioma como ferramenta de atención ao público é un factor a ter en consideración para a aprendizaxe da lingua portuguesa; sendo constante o fluxo de clientes portugueses que se achegan a Verín atraídos pola súa oferta comercial, é importante comprender perfectamente o idioma veciño para dar unha resposta eficiente ás súas necesidades concretas, o que repercute nunha mellora na competitividade e un plus de calidade para os nosos negocios.