Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O CEIP Castrelo do Val, gañador do concurso do cartel “Desfile de Nenos”
O CEIP Castrelo do Val, gañador do concurso do cartel “Desfile de Nenos” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 15 Xaneiro 2009 14:00

Coa finalidade de publicitar as festas do Entroido, a Delegación Municipal de Festexos do Concello de Verín promoveu, por segundo ano consecutivo, un concurso para seleccionar o cartel oficial do “Desfile de Nenos”. Nesta edición participaron os CEIP Amaro Refojo, Princesa de España e Castrelo do Val, Colexio María Inmaculada, Colexio Rural Agrupado e o IES Taboada Chivite. Cada un deles estivo representado por un máximo de tres traballos, orixinais, inéditos e non premiados en ningún concurso anterior.

O xurado cualificado, composto por un representante de cada centro e por un membro designado polo Concello, escolleron tres carteis dos presentados - aos que lles outorgaron tres, dous e un punto-. Nesta ocasión o cartel participante que obtivo máis puntuación foi realizado polos/as alumnos/as do 1º Ciclo de Infantil (3, 4 e 5 anos) do CEIP Castrelo do Val.

O premio consiste na edición do cartel seleccionado e na entrega dun vale de 300 euros para material deportivo e escolar -a adquirir en establecementos do Concello de Verín-.

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac