Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar O programa 'Kero-Kolo' recibe mañá o galardón do VII Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal de UNICEF
O programa 'Kero-Kolo' recibe mañá o galardón do VII Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal de UNICEF PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Novembro 2014 14:10

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, e a concelleira de Benestar Social, Inmaculada Hervella, recibirán mañá en Guadalaxara un dos galardóns do VII Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal de UNICEF concedido ao programa 'Kero-Kolo' do Concello de Verín.

Esta distinción, na categoría de 'Dereito a un entorno familiar adecuado', recoñece o programa 'Kero-Kolo' por ser un proxecto a favor da infancia no que pais/nais e menores, xunto cos/coas monitores/as, aprenden a relacionarse entre eles. O programa verinense é un espazo de encontro que busca crear unha serie de actividades de interacción e participación entre os/as menores e as familias nas que se desenvolven iniciativas de educación infantil conxuntas e propostas por todos/as os/as participantes.

O mesmo enmárcase dentro da Escola de Familia Municipal, no que  tamén se atopan outros programas adicados aos/as nenos/as como son o como 'Kero-Kedar', 'Kero-Kedar +' ou 'Kero-Informátika'. Esta escola naceu como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, e está enfocada cara o desenvolvemento positivo de actividades que potencien competencias e actitudes cun carácter pragmático entre as persoas participantes, a través do reforzo da cooperación, igualdade, autonomía, creatividade, respecto e espírito crítico, entre outras características.

Na VII Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal entregaranse un total de 36 distincións, ademais de recoñecer a 56 cidades e localidades españolas como Cidade Amiga da Infancia (CAI). En total, e dende o comezo do programa hai 12 anos, xa son 119 municipios os que contan con este selo, que debe ser renovado cada catro anos. O programa CAI pretende impulsar e promover a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno no ámbito local e fomentar o traballo en rede entre os distintos municipios que forman parte da iniciativa. O obxectivo é que as administracións e gobernos desenvolvan e implemente estratexias para o benestar dos menores defendendo os seus dereitos, fomentando a súa participación e facendo das cidades entornos máis habitables, especialmente para os/as máis novos/as.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28