Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size


Home
Senadores, Deputados por Ourense no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados e Deputados da Asamblea da República de Portugal respaldan o proxecto Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Xaneiro 2009 20:04
Na xornada de hoxe luns 19 de xaneiro, as localidades de Verín e Chaves acolleron un acto de presentación do Proxecto Eurocidade aos Deputados na Asamblea da República de Portugal polo distrito de Vila Real, aos Deputados por Ourense no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados, e aos Senadores por Ourense. Devandito acto estivo presidido polo Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Xosé Luis Méndez Romeu, e contou coa presencia do Presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar, a Vicepresidente da CCDR-N, Prof. Ana Teresa Lehmann, o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, o Presidente da Cámara Municipal de Chaves, João Batista, e o Alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán.
“A Eurocidade é un proxecto creado cos cidadáns e para os cidadáns, asumido polos municipios de Verín e Chaves como un instrumento de desenvolvemento económico e social  baseado na prestación de servizos e políticas que melloren a calidade de vida dos flavienses e verinenses”. Con estas palabras comezaba a intervención do rexedor de Verín, que lembrou a todos os presentes que o éxito deste espazo único de colaboración necesita da implicación de dous colectivos: as autoridades supramunicipais e a poboación en xeral, que deben traballar conxuntamente para proporcionar ao eixo Chaves-Verín novas oportunidades de crecemento e desenvolvemento económico, mediante a captación de fondos europeos e de inversións privadas que contribúan a frear o éxodo de poboación cara o litoral, fortalecendo o eixo interior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Un labor contínuo, impulsado dende as dúas administracións locais, e na que se está a traballar nos últimos meses co fin do que o proxecto avance, “amosando a súa visibilidade, definindo as directrices de acción, impulsando iniciativas concretas para o disfrute da poboación e conseguindo fondos”, matizou João Batista, “sen esquecer que debemos crear novas estruturas legais, para responder ás necesidades de planificación conxunta, e de resolver os obstáculos administrativos e legais existentes na actualidade”.

Unha superación de barreiras na que tamén insistiron Ana Teresa Lehmann e José Luis Baltar; este último asegurou que “con este acto, o proxecto da Eurocidade Chaves-Verín logrou a maioría de idade”, recordando a importancia dun traballo conxunto entre as diferentes institucións integrantes do Grupo de Traballo que “redunde no beneficio dos cidadáns”.  

Unha idea reiterada polo Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoan Mao, que durante a súa intervención manifestou a relevancia social deste modelo de cooperación territorial que “hoxe se mostrou a unha rexión de seis millóns de persoas, representada por todos os Deputados e Senadores que están aquí, e que indica que nos atopamos ante un proxecto de todos, que non entende de cores nin de disputas partidistas”.

Ademais, Xoan Mao anunciou que o proxecto Eurocidade Chaves-Verín será presentado como exemplo de ‘Cooperación Transfronteiriza de Segunda Xeración’, os días 4 e 5 de febreiro en Guimarães, e que nas vindeiras semanas se aprobarán dúas candidaturas europeas, enfocadas no financiamento do aparello loxístico da Eurocidade e na innovación.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac