Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Home
Programa turístico de benestar Eurocidade Chaves-Verín: A Eurocidade da Auga. Un destino, dous países PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:14
A Eurocidade Chaves-Verín, co fin de promocionarse como un destino termal, puxo en marcha un programa turístico de benestar con varias opcións de aloxamento e restauración e con modalidades de 1, 2 e 3 días de duración.
Este programa  intenta aproveitar complementariades, polo que se optou por ofertar aloxamento e restauración en Verín, e tratamentos no SPA do Emperador das Termas de Chaves.

Existen  opcións de programas vigor, relaxante, en forma e antiestrés, con prezos que van dende os 110 aos 180 euros para dúas persoas no que ao tratamento se refire, e con opcións de cea en diferentes restaurantes de Verín e de aloxamento en turismo rural ou hotel tamén deste lado da fronteira, con prezos variables en función das temporadas e do número de noites.

Os modos de promoción para a divulgación desta oferta turística son
- Patronato de Turismo de Ourense que nos incluirá na sua guía de actividades turísticas como destino termal.
- Sorteo de vales agasallo, coa colaboración dos establecementos que adheriron ao programa, nas feiras de BTL (Bolsa de Turismo de Lisboa), Fitur (Madrid) e Xantar.
- Divulgación  en prensa especializada de toda a Península Ibérica.

Os restaurantes participantes no paquete termal son: Parador de Turismo, María Toxiña, Catro Lobos e Zapatillas, e os aloxamentos son Retiro do Conde e Parador de Turismo.

Para máis información e reservas: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Con esta iniciativa, no ámbito do proxecto Eurocidade, promociónase por un lado a nosa hostalería e restauración, aproveitando oferta complementaria con que non contamos en Verín, e comenza a venderse o destino eurocidade, como  destino único de saúde e benestar, cos atractivos engadido ao tratarse de dous países diferentes a disfrutar nunca única visita, duplicando o que ver e o que facer na viaxe ao sumar o patrimonio arquitectónico, de natureza e de ocio e cultura de ambos municipios.
 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac