Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Home
Ampliación do número de prazas no curso de portugués da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:16
Debido ao elevado número de inscritos nos cursos de portugués ofertados no marco da Eurocidade Chaves-Verín, ábrese a posibilidade de aumentar os grupos para ampliar o número de prazas, dado que xa se atopan inscritas máis de 50 persoas.
Os dous cursos (un de portugués xeral e outro de portugués para atención ao público) son de 2 meses de duración, a iniciar a finais do mes de xaneiro. Ambos impartiranse os luns e mércores en horario de tarde-noite, habendo unha primeira reunión informativa o 28 de xaneiro, na Sala de Plenos do Concello de Verín,  ás 20.30 h., onde se marcarán os horarios que mellor se adapten ás necesidades dos interesados e se avaliará se hai necesidade de crear diferentes níveis, en función dos asistentes.

Os cursos son completamente gratuítos, e as inscricións poderán realizarse entre o 7 e o 25 de xaneiro, por teléfono no 988410000, ou no Gabinete de Apoio á Eurocidade, situado no segundo piso da Casa Concello, en horario de 11 a 14 horas. O número de prazas é limitado, polo que a prioridade será por rigorosa orde de inscrición.

O portugués é, na actualidade, a quinta lingua máis falada non mundo, con máis de 200 millóns de falantes. Por outra banda, o feito de ser a lingua máis próxima ao galego e ao castelán, as outras dúas linguas utilizadas na Eurocidade Chaves-Verín, son motivos suficientes para promover o seu coñecemento entre os habitantes deste lado da “raia”.

Este curso de iniciación á lingua portuguesa pretende favorecer o achegamento entre as dúas poboacións da Eurocidade, proporcionando os recursos lingüísticos e culturais necesarios para unha comunicación fluída entre os eurocidadáns.

O idioma como ferramenta de atención ao público é un factor a ter en consideración para a aprendizaxe da lingua portuguesa; sendo constante o fluxo de clientes portugueses que se achegan a Verín atraídos pola súa oferta comercial, é importante comprender perfectamente o idioma veciño para dar unha resposta eficiente ás súas necesidades concretas, o que repercute nunha mellora na competitividade e un plus de calidade para os nosos negocios.

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac