Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Subvencións para o programa de promoción de emprego autónomo
Subvencións para o programa de promoción de emprego autónomo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Febreiro 2009 12:16

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda: Programa para a promoción do emprego autónomo.

Esta orde ten como obxecto promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia. Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores ou traballadoras autónomos/as, sempre que:
- Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
- Estean dados de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
- Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
- Non desenvolvesen como traballadores ou traballadoras autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores ou traballadoras autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

O prazo xeral para a presentación de solicitudes será de dous meses desde a data de alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional (sen exceder do 16 de setembro de 2009). E o prazo das actuacións subvencionables realizadas entre o 16 de setembro do ano 2008 e a data de publicación desta orde, remata o 31 de marzo de 2009.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac