Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital
Subvencións a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 21 Xaneiro 2015 10:52

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 16 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas que hai que revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Prazo máximo de solicitude: ata o 31 de agosto

Tramitación das axudas a través das entidades colaboradoras. No Concello de Verín sería: Electricidad Pino Álvarez, S.L. (Estrada de Laza, 58 - 4º A Verín. Teléfono: 988 41 00 77)

Toda a información en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141226/AnuncioG0244-171214-0002_gl.html  e http://medios.xunta.es/axudas-e-subvencions?content=/Portal-SXM/Axudas/axuda0004.html

Relación de entidades colaboradoras: http://medios.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=287481&name=DLFE-22747.pdf

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net