Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións en galego, subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas e axudas para o fomento do emprego
Axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións en galego, subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas e axudas para o fomento do emprego PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Xaneiro 2015 11:50

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación de axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego, Plan de inspección comercial da Xunta de Galicia para o ano 2015, subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas, axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación.


- Resolución do 31 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. Código de procedemento PR858A: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150127/AnuncioG0244-190115-0001_gl.html

- Resolución do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se aproba o Plan de inspección comercial da Xunta de Galicia para o ano 2015: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150127/AnuncioCA04-190115-0002_gl.html

- Orde do 21 de xaneiro de 2015, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150127/AnuncioCA05-220115-0003_gl.html

- Orde do 21 de xaneiro de 2015, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150127/AnuncioCA05-220115-0002_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net