Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Obradoiro 'Creando unha web autoxestionables para a vosa cooperativa' en Verín
Obradoiro 'Creando unha web autoxestionables para a vosa cooperativa' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Abril 2015 12:10

Durante os días 22 e 23 de abril, a aula CeMIT de Verín acollerá a realización do obradoiro 'Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa', enmarcado dentro do programa de actuación 2015 da Rede Eusumo.

Este obradoiro destinado a creación de páxinas web e blogs mediante o software libre WordPress ten como obxectivos mellorar a comunicación da súa cooperativa e aumentar a súa visibilidade, ordenar a identidade gráfica da cooperativa, homoxeneidade na representación visual da cooperativa, actualizar a imaxe, crear ou mellorar o posicionamento da cooperativa e abrir novos canles de comunicación a través de internet.

O mesmo está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en coñecer as diferentes estratexias, técnicas e ferramentas web 2.0. para mellorar a súa comunicación e aumentar a súa visibilidade. Este obradoiro está articulado en dúas sesións, de tres horas cada unha, nas que se abordará a creación de blogs e webs autoeditables e autoxestionables (conceptos básicos, wordpress.com e wordpress.org, instalación, xeración de contido, instalación e uso de plugins).

Para participar no obradoiro 'Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa', de carácter gratuíto, é necesario inscribirse antes do 21 de abril no teléfono 981-558008 ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (facilitando nome, DNI, teléfono e correo electrónico).

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola D.X. de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net