Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar O Concello de Verín solicita a adhesión ao Pacto de Estado pola Infancia
O Concello de Verín solicita a adhesión ao Pacto de Estado pola Infancia PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Maio 2015 13:46

Tras ser galardoado no VII Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal (na categoría de 'Dereito a un entorno familiar adecuado') de UNICEF, grazas o programa 'Kero-Kolo' da Escola de Familia, o Concello de Verín acaba de solicitar a adhesión ao Pacto de Estado pola Infancia.

Nos últimos 25 anos dende a aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno conseguíronse grandes avances, pero os retos que quedan son enormes para lograr que todos/as os/as nenos/as vexan cumpridos os seus dereitos. Actualmente en España, un de cada catro nenos vese en risco de pobreza e a desigualdade faise máis patente na poboación infantil. A isto únese unha tendencia demográfica decrecente así como datos preocupantes en fracaso e abandono escolar. Por este motivo, e tendo que conta que os/as nenos/as importan e porque sen eles/as non hai futuro, o Concello de Verín acordou na última sesión plenaria a solicitude de adhesión á proposta de lograr un Pacto de Estado pola Infancia que blinde os dereitos dos/as menores.

Entre os aspectos que blinda este Pacto de Estado pola Infancia están: a protección contra a pobreza e a calidade e a igualdade de oportunidades no sistema educativo.Os elementos claves desta proposta son:
- A loita contra a pobreza infantil e pola inclusión social da infancia (inclusión de medidas como establecer unha axuda universal por fillo a cargo, revisar e mellorar todas as axudas e apostar por uns servizos públicos inclusivos e accesibles).
- Aposta por unha educación inclusiva e de calidade, que teña medidas contra o abandono e o fracaso escolar, se comprometa coa estabilidade normativa  e do modelo educativo, garantir o apoio escolar, as bolsas de libros e as de comedor a quen o precise, a protección dos recursos económicos destinados á educación e o enfoque inclusivo do sistema, incluída a promoción do acceso ao ensino para os nenos de 0 a 3 anos.
- Consideración de elementos xerais, que afectarían a cambios lexislativos necesarios para mellorar a situación da infancia; o pulo da participación infantil; visibilizar e protexer a infancia nos orzamentos ou mellorar a coordinación das políticas e servizos dirixidos aos nenos entre as distintas administracións.

A través da adhesión ao Pacto de Estado pola Infancia, o Concello de Verín comprométese a realizar todos os esforzos posibles para promover os programas de acción para e coa infancia e as familias, e prestar especial atención aos colectivos máis vulnerables e en situación de risco de exclusión social, como os que se están a facer desde a Escola de Familia Municipal.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28