Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Maiores ov-sas-maiores-axuda-no-fogar
ov-sas-maiores-axuda-no-fogar

Servizo de Axuda no Fogar


O servizo de axuda no fogar (SAF) é un servizo público de carácter local consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual. O SAF poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De
xeito particular, atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
Tamén, con carácter subsidiario do programa de educación e apoio familiar , poderá dar unha resposta preventiva, educativa e socializadora fronte a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.

Poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:
-Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria no propio domicilio:
-Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda que incidan e axuden na mellora do contorno das persoas usuarias e da súa familia.
-Acompañamento persoal na realización doutras actividades necesarias da vida diaria, tales como apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial ou similares, así como o seguimento das intervencións realizadas polo
sistema sanitario.
-As atencións de carácter psicosocial e educativo enfocadas ao desenvolvemento das capacidades persoais básicas, á mellora da convivencia,integración na comunidade e mellora da estrutura familiar.

Obxectivos:
1. Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
2. Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
3. Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
4. Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
5. Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
6. Retardar ou evitar a institucionalización a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59