Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Maiores Charla – Coloquio relacionada ca defensa dos dereitos das persoas maiores
Charla – Coloquio relacionada ca defensa dos dereitos das persoas maiores PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Xuño 2015 11:37

No marco do Programa de envellecemento activo que se está a desenvolver dende os Servizos Sociais Comunitarios de Verín – Área de maiores - este venres día 19 de Xuño no salón de actos da casa da cultura do Concello, realizouse unha Charla – Coloquio relacionada ca defensa dos dereitos das persoas maiores. Ó inicio, unha nena menor de idade, voluntaria na biblioteca Municipal de Verín, leeu o Decálogo dos dereitos das persoas maiores.

D. Francisco Xavier Cid Domínguez, coordinador dos Servizos Sociais do Concello de Verín, abriu a charla cunha pequena introducción destancando que na actualidade os casos de maltrato na vellez son a punta do iceberg. A continuación, D. Fernando Serrulla Rech, xefe da sección de patoloxía Forense de Ourense, despois de describir a tipoloxía do maltrato, suliñou a actitude participativa na sociedade que deben ter as persoas maiores co obxectivo de manterse activas o máximo tempo posible. Dña. Concha García Masid, Dra de Atención Primaria do Centro de Saúde de Verín amosou a realidade que se está a vivir dende o ámbito sanitario co respecto do tema da tarde, destancando a necesidade de levar a cabo estratexias de axuda como evitar o aillamento social, organizar a atención clínica ou en certos casos, valorar a necesidade de institucionalización do maior. Dña. Tamara Balboa García, traballadora social do C.D.R. "Portas Abertas", falou dos datos estatísticos da provincia relacionados a esta etapa da vida, destacando que as provincias de Lugo e Ourense eran as máis envellecidas non só a nivel estatal senon a nivel Europeo. Realidade que supón un esforzo humán de coidados cara o medio rural, donde se concentra a maior parte desta poboación. No remate da charla, o responsable do Plan Maior de Seguridade da Comandancia de Ourense, D. Xosé Manuel González Vivas, sensibilizou ó aforo sobre o deber de comunicación da sociedade para dar unha maior visibilidade os posibles casos de maltrato os maiores.

Este Xoves día 25 de Xuño ás 18:30h realizarase o segundo obradoiro monográfico "Técnicas de manexo do estrés" aberto para coidadores de persoas maiores dependentes aínda que se abre para a poboación en xeral. Impartirase nas aulas dos Servizos Sociais Comunitarios. Aberto prazo de inscricción ata o mércores 24 de Xuño. Actividade que forma parte do Programa "Envellece conmigo" levado a cabo dende a Área de Maiores dos Servizos Sociais do Concello de Verín.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59