Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Mes da Educación Vial
Mes da Educación Vial PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Marzo 2009 13:29
Durante este mes de marzo, as aulas do I.E.S. Xesús Taboada Chivite e do Colexio María Inmaculada acollerán a presentación do programa ‘Mes da Educación Vial’, impartido por axentes da Policía Local do Concello de Verín.

Este plan formativo, destinado a alumnos/as de Educación Infantil, ESO e Bacharelato, ten como obxectivos fundamentais: educar aos menores nun comportamento viario responsable e solidario, dotalos dun adecuado comportamento como peóns, recordar as normas de circulación e sinais de tráfico, transmitir os elementos de seguridade e recoñecer o perigo dunha condución temeraria e a influencia dos factores de risco, como drogas ou alcol, fronte á mesma.

O próximo luns 9 de marzo, os/as alumnos de ESO do IES Xesús Taboada Chivite recibirán a primeira destas sesións formativas nas que, ademais do citado con anterioridade, profundarán no análise do organigrama e funcións da Policía Local, as causas principais dos accidentes de tráfico, condución segura no ciclomotor e o uso do casco ou outros sistemas de seguridade. Unha información que tamén recibirán os/as estudantes de Bacharelato do mesmo centro, o día 13 de marzo, acompañada da proxección dos vídeos ‘A solución está nas túas mans’, ‘Alcohol (non podemos conducir por ti)’ e ‘365 días, toda unha vida’, no que Cristina Márquez, unha traballadora da ONCE con lesión medular, explicará o seu día a día.

Devandito programa rematará o 23 de marzo, no Colexio María Inmaculada, cunha xornada adicada aos/ás alumnos/as de Educación Infantil e na que os membros da Policía Local impartirán formación sobre a circulación dos peóns, as viaxes en autobús ou en coche, relevancia dos sinais de tráfico, seguridade como condutor/a de bicicletas e como viaxeiros/as no transporte escolar e privado.
 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac