Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Obradoiro “A fórmula cooperativa nos servicios sociais” en Verín
Obradoiro “A fórmula cooperativa nos servicios sociais” en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Xullo 2015 11:59

A Dirección de Traballo e Economía social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo, programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo na que está incluida o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

No plan de actuación 2015 da Rede Eusumo intégrase o obradoiro “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”, un obradoiro destinada a amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de iniciativa social. A través deste obradoiro perséguense os seguintes obxectivos:


  • Coñecer o marco dos servizos sociais en Galicia.

  • Achegar o modelo cooperativo a persoas que pretenden emprender no sector de servizos sociais.

  • Dar a coñecer referentes cooperativos neste sector.

  • Mostrar os recursos e apoios existentes para impulsar proxectos cooperativos no sector servizos sociais.

Este obradoiro, dirixido tanto a axentes intermedios de servizos sociais e persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, terá lugar o día 16 de xullo, en Verín, no Centro de Desenvolvemento Cooperativo, en horario de 17:00h a 20:00h.

Información e Inscrición:

Teléfono: 981 55 80 08
mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


 Tamén na oficina de desenvolvemento local do Concello de Verín (pranta baixa), como organismo adscrito a Rede Eusumo.Teléfono: 988 41 00 00
mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59