Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei contará coa participación de 16 bodegas, seis máis que en 2014
A Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei contará coa participación de 16 bodegas, seis máis que en 2014 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Xullo 2015 15:45

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a presidenta do Consello Regulador, Asunción Rodríguez, e a concelleira de cultura, Emilia Somoza, presentaron esta mañá as actividades que se desenvolverán no marco da décima edición desta feira

A Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei, que se celebrará en Verín entre os vindeiros 7 e 9 de agosto, contará coa participación de 16 das 24 bodegas que conforman a D.O, seis máis das que tomaron parte en 2014. Trátase dun éxito de adhesión sen precedentes na historia deste foro vinícola, que este ano acada a súa décima edición. O acto de inauguración  terá lugar as 20,00 horas do 7 de agosto na Alameda de Verín, escenario no que se desenvolverá a Feira neste ano 2015.

Logo da inauguración, tras o pregón e o percorrido das autoridades polos stands participantes, a exaltación da Denominación de Orixe Monterrei trasladarase a igrexa da Mercé de Verín, un dos referentes culturais da vila, onde se procederá á imposición de medallas a catro novos membros da Confraría dos Viños de Monterrei.

Estes datos foron desvelados esta mañá no decurso dunha rolda de prensa ofrecida polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, e a presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Asunción Rodriguez Zarraquiños. Neste marco, aludiuse ao cambio de ubicación da Feira como o lugar máis idóneo para responder ás demandas dun maior número de expositores. Xunto a isto, o alcalde verinés e a presidenta da D.O de Monterrei fixeron un chamamento ao público para que se achegue ata Verín, nas datas nas que se celebra a Feira, a coñecer de primeira man a singularidade dos viños da zona. Neste sentido, a  organización confía en superar a cifra de 15.000 degustacións rexistrada o ano pasado.

Paralelamente, na rolda de prensa presentouse o cartel divulgativo da X edición da Feira do Viño, un traballo que correu a cargo do deseñador local Jorge Godás e indicouse o horario de apertura dos stands: venres 7 de 20.00 a 23.00 horas; sábado 8 de 12.00 a 14.30 h e de 19.00 a 24.00 h; e domingo 9 de 11.00 a 14.30 h. e de 19.00 a 23.00 h.

Axenda de actos

Gastronomía, música e viño xuntaranse un ano máis no marco da Feira do Viño da D.O de Monterrei. Así está previsto, segundo confirmou na rolda de prensa a concelleira de cultura de Verín, Emilia Somoza, que a inauguración da Feira estea amenizada pola Banda de Gaitas do Concello de Verín.


Na xornada do sábado 8, na Alameda e coincidindo cos stands da tarde, proponse unha actividade dirixida fundamentalmente aos cativos: a ludoteca infantil. Mentres os máis pequenos gozan con xogos infantís, sempre atendidos por monitores, os adultos poderán degustar as diferentes variedades dos viños de Monterrei. O recinto da feira estará amenizado pola Charanga Ideal e os asistentes presenciarán a chegada  dunha concentración de bicicletas de época que rematarán o seu paseo no espacio da Feira do Viño. Xa pola noite, o público contará coa verbena Primera Línea.

O domingo 9 de agosto, a Feira do Viño arrinca, pola mañá, cunha sesión vermú e a actuación da Disco Móvil Jorge. Pola tarde, coa apertura dos stands, os asistentes volverán a contar coa ludoteca infantil e, nesta ocasión, vivirán un momento enxebre coa actuación de Candaira. Cánticos, baile e pandeireta acompañarán aos asistentes ata a clausurado evento, momento no que volverá a Disco Móvil Jorge para despedir a Feira do Viño bailando.

Bodegas participantes e colaboradores

As 16 bodegas participantes nesta X edición da Feira do Viño de Monterrei son as seguintes:


  • Bodegas Ladairo S.L,
  • Bodega Pazos del Rey S.L
  • Adegas Pazo das Tapias S.L
  • Gargalo S.L
  • José Luis Gómez Ibáñez
  • Adega Crego e Monaguillo S.L
  • O Cabildo S.L
  • Quinta do Buble S.L
  • Terras do Cigarrón S.C.G
  • Triay Adegas de Oimbra
  • Boo Rivero SAT
  • Manuel Guerra Justo
  • Concepción Paradela Martínez
  • Bodega Pazo de Valdeconde S.L
  • Bodega Tabú S.L.N.E
  • Franco Basalo S.L.U

Na rolda de prensa, o alcalde de Verín e a presidenta do Consello Regulador quixeron agradecer a implicación de todos os bodegueiros participantes e a das institucións e entidades colaboradoras: Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, MAGRAMA, Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), concellos de Oímbra, Monterrei, Castrelo do Val, Riós e Vilardevós, AECT e Portas de Galicia.


 Sobre a D.O Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Confórmana 24 bodegas do val de Monterrei, que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Ríos, Oimbra e Castrelo do Val. A superficie cultivada nesta D.O ocupa unha superficie de 467 hectáreas de territorio nas que traballan 381 viticultores. En 2014, a produción total de Monterrei acadou os 2,8 millóns de quilos de uva e un 17% da mesma exportouse a diferentes lugares do mundo. De feito, os viños de Monterrei están presentes en 24 países diferentes.




 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac