Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local
Desenvolvemento Local PDF Imprimir Correo-e

 


Oficina de Desenvolvemento Local:

    * Praza do Concello, 1 1º Andar

    * Tlnos. 988.41.00.00 - 988.41.00.01

    * Mobil 608.520122 - 609.152208

    * Fax. 988.41.19.00

    * Correo Electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

O Concello de Verín, por medio da Área de Promoción Económica, e consciente de que o municipio dispón de enormes potencialidades endóxenas para o seu desenvolvemento económico debido á súa excelente ubicación, redes de comunicación, riqueza natural, clima, calidade da terra para o cultivo e interese turístico entre outras características, creou a oficina de Desenvolvemento Local coa finalidade de potenciar e dinamizar todos estes recursos, contando para isto coa axeitada articulación dos mesmos e a iniciativa empresarial.


As principais funcións do Axente de Desenvolvemento Local son:

  •     Información e asesoramento sobre as subvencións que concede a Administración Central, Autonómica e Local para os colectivos de activos e parados, asociacións, ou empresas, entre outros.
  •     Asesoramento técnico ao autoemprego e iniciativas empresariais.
  •     Xestión de axudas e medios municipais.
  •     Xestión, coordinación e información da oferta formativa.
  •     Función de intermediación entre o buscador de emprego e o mercado laboral e calquera outra acción que propicie a inserción laboral dos desempregados.
  •     Apoio ás iniciativas locais.
  •     Manter unha estreita relación con todos os empresarios locais, en especial coas asociacións de empresarios/as, comerciantes e mulleres, para informar sobre axudas, subvencións, formación ou xornadas técnicas.
  •     Promoción do turismo local.