Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Plan de Actuación 2009 - 2014
Plan de Actuación 2009 - 2014 PDF Imprimir Correo-e

 A creación de empresas e o emprego é un dos máis importantes desafíos aos que se enfronta Verín para incrementar o benestar e a calidade de vida dos seus veciños/as e atraer poboación.

    Un obxectivo alcanzable na medida na que se potencien os recursos desta zona da provincia, a través da creación dun polígono industrial de agroalimentación, unha entidade mixta que desenvolva produtos turísticos baseados no turismo termal e o enoturismo, un plan de mellora das telecomunicacións, o impulso da formación comarcal, e por suposto, a colaboración transfronteiriza.

    Estas son, en liñas xerais as conclusións do Plan de Actuación que, encargado pola Cámara de Comercio de Ourense e o Concello de Verín, formula unha serie de liñas dinamizadoras para este municipio e a súa área de influencia no período 2009-2014. O documento foi sometido á análise e aportacións dos axentes socioeconómicos e sociais da comarca, e presentouse ao público en xeral en decembro do ano 2008.

    No primeiro trimestre deste ano, e tras o consenso necesario de todos os axentes implicados, elaborouse un calendario de actuacións das distintas medidas e un órgano líder para executalas, estando previsto o comezo das mesmas a partir do mes de marzo.

Descargar Texto completo en formato PDF

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net