Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cantares e tocares, concerto didáctico na Casa da Cultura de Verín
Cantares e tocares, concerto didáctico na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Abril 2009 10:20
Ensemblementa, orquestra de corda e clavecín, preséntase o vindeiro sábado día 4, ás 12 horas,na Casa da Cultura de Verín co concerto Cantares e tocares, nun acto patrocinado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e o Concello de Verín.

Temas de Mozart, J. S. Bach ou Purcell, entre outros compositores de renome internacional, serán interpretados por esta agrupación de corda “á barroca” -formada por profesores, alumnos e ex-alumnos do Conservatorio de Música de Ourense-, co obxectivo didáctico de mostrar as posibilidades expresivas dunha orquestra de cordas. Por iso, a  ducia de pezas curtas do programa abrangue formas diversas  dos períodos barroco e clásico, e temas contemporáneos, populares e de cine.

O concerto verinense enmárcase nun ciclo de catro actuacións co que o grupo percorre as vilas ourensás desde a primeira quincena de marzo. Ribadavia e Allariz, onde xa actuaron, e Castrelo de Miño, na que se clausurará o ciclo na segunda quincena de abril, son as prazas que acollen a xira.
 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac