Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Trinta e catro persoas participan na acción formativa para a obtención do graduado en ESO do Concello de Verín
Trinta e catro persoas participan na acción formativa para a obtención do graduado en ESO do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Abril 2016 13:49

Trinta e catro persoas participan na acción formativa organizada polo Concello de Verín, a través da Escola de Familia municipal,  destinada á preparación das probas libres para a obtención do graduado en ESO que se desenvolven durante os meses de maio (día 27) e setembro (día 8) de 2016.

As probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria constitúen unha vía extraordinaria para acceder a titulación básica oficial do sistema educativo, permitindo ademais a continuación dos estudos de Bacharelato ou de ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño. Para presentarse a estas probas, dirixidas a maiores de 18 anos ou que cumpran esta idade no 2016 e aínda non teñan esta titulación, non é necesario ningún requisito académico (con todo, as persoas interesadas poden estar exentas de realizar algunha proba, en función dos estudos previamente realizados).


As persoas interesadas en inscribirse en devandita acción formativas para a preparación da probas libres convocadas para o 8 de setembro, poden facelo do 1 ao 8 de xullo no servizo de Educación Familiar (Avda. de Portugal, 11 bis), no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 988-414776; ou tamén no no edificio municipal do Lavadoiro (situado na esquina das rúas Rosalía de Castro e Lavadoiro) ou no teléfono 988-411468.

Esta acción formativa atópase enmarcada dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal, posta en funcionamento polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, e na que tamén se inclúen outras actividades como 'Kero-Informátika', 'Kero-Kolo', 'Kero-Kedar, Club de Calceta 'Tecendo Soños', ou accións formativas de reforzo educativo entre outras. A iniciativa da Escola de Familia Municipal naceu como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, experiencias e actividades para todos/as verinenses, que incremente a sensibilización cidadá neste sentido. Está enfocada cara o desenvolvemento positivo de actividades que potencien competencias e actitudes cun carácter pragmático, con mensaxes sinxelos e claros entre as persoas participantes, na que se traballará o esforzo, a cooperación, a responsabilidade, igualdade, autonomía, respecto, aprendizaxe continuo, desexo de saber, creatividade, espírito crítico, asunción de riscos e aceptación de erros.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28