Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil A Ludoteca municipal de Verín celebra o Xogo de San Fermín
A Ludoteca municipal de Verín celebra o Xogo de San Fermín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Xullo 2016 11:12

O xoves 7 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas, o servizo da ludoteca de Verán – Campamento Urbano do Concello de Verín organiza, con motivo da festividade en honra a San Fermín, unha xornada de xogos para o máis dun centenar de nenos/as integrantes deste servizo de conciliación e coeducación.

Durante o Xogo de San Fermín os/as monitores/as do servizo non só lles explicarán aos/ás menores a historia desta festa senón que programarán  unha representación teatral que amosará o tradicional “chupinazo”. Para a actividade, os nenos/as deberán  ir vestidos de branco e cunha pañoleta vermella. Nesta xornada terá lugar a realización de sete probas lúdico-educativas relacionadas con San Fermín e un “encerro” cun toro que será  o que se escape dos/as menores e non o revés.

Esta iniciativa forma parte das actividades realizadas no servizo da Ludoteca de Verán destinadas a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos/as menores, con idades comprendidas entre os 3 e os13 anos.  Durante estes meses tamén se programarán iniciativas específicas como o San Xoán, “Ponlle as pilas ao teu Bocata”,  Festa do Sombreiro, Festa Hippie, Festa Eivisenca, Festa Pirata, Festa Flamenca; visita ao Parque de Bombeiros, Educamóvil, actividades coa Cruz Vermella, visita as instalacións da Policía Local, o día do Avó e da avoa, día da froita, día da música, día da igualdade e o desfile da Ludobatucada, no que eles/as mesmos/as realizarán os seus disfraces.

A Ludoteca de Verán – Campamento Urbano é un espazo destinado a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 13 anos, que se realizará nas instalacións dos Módulos do CEIP Amaro Refoxo, Colexio Princesa de España  e nas dependencias municipais da Casa da Xuventude e Salón de Actos da Casa da Cultura. Animación á lectura e contacontos, piscina, piragüismo, rutas de sendeirismo, novas tecnoloxías, cine infantil, obradoiros medioambientais, xogos tradicionais, olimpíadas e acampada nocturna, serán algunhas das actividades nas que poderán participar os/as cativos/as.



 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59