Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O IES García Barbón estrea App para dispositivos móbiles android
O IES García Barbón estrea App para dispositivos móbiles android PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Outubro 2016 11:26

Os alumnos do IES García Barbón contan xa, para este ano lectivo, cunha nova App para dispositivos móbiles. Esta nova ferramenta dixital forma parte dunha tripla guía, que xunto coa súa versión web e o seu equivalente en papel, integran un completo recurso tecnolóxico multiplataforma que busca optimizar o acceso dos alumnos a toda a información básica sobre o funcionamento do centro e os servizos que ofrece.

Esta aplicación, creada para o sistema operativo android, foi deseñada por Carmen Bretaña Quintana, enxeñeira informática e profesora do IES García Barbón, durante o pasado curso 2015/2016 e posto a disposición dos usuarios a principios deste ano lectivo.


A Guía do Estudante pon a disposición do alumnado datos sobre o funcionamento do instituto, servizos do centro, a normativa vixente, , horarios das titorías, normas de convivencia, dereitos e obrigacións dos alumnos, faltas de asistencia e información sobre as actividades de información académica e orientación profesional e extraescolares. Os interesados en descargar  desde a dirección electrónica: http://ow.ly/GDEa305BkHe

A App móbil atópase dispoñible no seguinte enlace: http://ow.ly/gNPS305BkRH

 




Guía da Comarca de Verín