Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín seleccionada finalista ao Premio “Biblioteca Pública e Compromiso Social"
A Biblioteca de Verín seleccionada finalista ao Premio “Biblioteca Pública e Compromiso Social" PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Febreiro 2017 13:05

A iniciativa “Voluntariado Cultural” da Biblioteca Municipal de Verín foi un dos seis  proxectos seleccionados finalistas ao premio “Biblioteca Pública e compromiso social” da Fundación Biblioteca Social. O vindeiro 12 de marzo é a data límite, na que ou xurado seleccionará a Biblioteca gañadora que terá coma premio unha dotación económica para destinar ao proxecto.

Deste xeito, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín está a competir cos proxectos das Bibliotecas: Eugenio Trias (Madrid), Pilar Barnés (Lorca, Murcia), Agora (A Coruña), Villamayor (Castilla y León) e Bellvitge (L´Hospitalet de Llobregat, Catalunya), todas elas cidades de moita máis poboación.

O proxecto da Biblioteca Municipal de Verín "Voluntariado Cultural para o fomento á lectura", resultou moi atractivo para o xurado e superou onte a criba para colocarse entre os seis mellores proxectos, valorando moi positivamente o vínculo entre a Biblioteca Municipal de Verín, os servizos sociais e as organizacións coas que colabora estreitamente, coma MOREA e FEMURO.

FUNDACIÓN BIBLIOTECA SOCIAL

Esta fundación catalá, sen ánimo de lucro, ten por obxectivos incentivar e fomentar a realización de proxectos que axuden a corrixir desequilibrios sociais, dar visibilidade aos proxectos e iniciativas que realizan as bibliotecas públicas no eido social, fomentar o intercambio do coñecemento no sector.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac