Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis ofertas de traballo que titulados no Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico
Máis ofertas de traballo que titulados no Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Febreiro 2017 09:56

O Departamento de Mantemento Electromecánico e o I.E.S. García Barbón, coma parte da súa política de orientación e seguemento do seu alumnado, ainda que xa rematase os seus estudios no centro, desexa informar aos alumnos titulados no ciclo de Mantemento Electromecánico (coñecido anteriormente coma Instalación e Mantemento Electromecánico de Maquinaria e Condución de Liñas) da existencia dunha bolsa de ofertas de traballo para estudantes que rematasen os seus estudios durante os últimos anos.

Dentro desta bolsa pódense atopar distintos perfis profesionais alguns máis orientados o mantemento eléctrico ou automatización e outras ofertas máis centradas no mantemento mecánico.

Dende o centro aproveitan para invitar aos lectores a coñecer estas ensinanzas que contan cun alto grao de inserción laboral e coas últimas tecnoloxías (Impresión 3D, Robótica …) dentro do seu campo de aplicación e que garanten a súa rápida incorporación ao mundo laboral.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac