Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberta a Inscrición para o curso de Galego (CELGA 4) en Verín
Aberta a Inscrición para o curso de Galego (CELGA 4) en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Marzo 2017 00:00

Até o día 28 de marzo, data improrrogable, está aberto o prazo para se inscribir no curso de formación de lingua galega que se celebrará en Verín e que capacita para se presentar ao exame do CELGA 4. O curso está promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e organizado en colaboración co Concello de Verín. A inscrición é gratuíta e está aberta a persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan até o día 31 de decembro incluído. A solicitude pódese tramitar no Concello de Verín ou no web da Xunta de Galicia.

A duración do curso é de 70 horas teórico-prácticas. O curso está previsto para as datas comprendidas entre os días 17 de abril e 8 de xuño. As clases impartirase no IES García Barbón das 19:00 h ás 21:00 h. O número de participantes estará comprendido entre 15 e 30. Se o número de solicitantes e superior ao de prazas dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada da solicitude.

Aos que se presenten e superen as probas que se celebrarán despois de que remate o curso, entrégaselle un diploma oficial avalado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que acredita o nivel de formación que obtiveron. Os diplomas CELGA son válidos para calquera oposición que se convoque por organismos oficiais ou a efectos de currículo.

Os cursos para preparar as probas CELGA tratan de compensar a falta de formación regrada en lingua galega ás persoas que non estudaron en Galicia. Tamén serven para que poidan ampliar o coñecemento do idioma propio da nosa comunidade autónoma as persoas que estudando en Galicia só superaron os coñecementos de Lingua Galega en diversos tramos da formación previa aos estudos de Bacharelato.

 

 

 




Guía da Comarca de Verín