Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 19 millóns de tapóns para Valeria
19 millóns de tapóns para Valeria PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Marzo 2017 14:22

A traballadora social da Fundación Amigos de Galicia, Noelia Romeu, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane,  presentaron hoxe no Concello de Verín unha nova campaña de recollida de tapóns solidarios que ten por obxectivo axudar a unha nena do municipio.  Trátase dunha campaña que irá dirixida a Valeria, unha nena de sete anos que padece atraso global no desenvolvemento, hipotonía muscular, manifestacións distónicas leves, ataxia e apraxia oculomotoras.

Esta campaña enmárcase dentro do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Verín e a Fundación Amigos de Galicia  para axudar ás familias do municipio en situación de necesidade, dando atención prioritaria á infancia e ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Valeria naceu fai sete anos mediante cesárea programada xunto ao seu xemelgo Hugo. A pequena sufriu dificultades de respiración no nacemento, con todo non foi ata os primeiros meses de vida cando comezaron a facerlle probas médicas. Os seus pais decatábanse que a evolución da pequena era máis lenta que a do seu irmán, pero o prognóstico da pequena, despois de moitas probas en diferentes centros de España, aínda é descoñecido.

Valeria ten dificultades de mobilidade e na linguaxe, e o seu xuízo clínico recoñécelle unha discapacidade do 70%.  Actualmente a Seguridade Social non lle cobre ningún tratamento para que poida mellorar a súa calidade de vida, e por ese motivo, a Fundación Amigos de Galicia comeza esta campaña con ela.  Coa campaña a pequena poderá recibir sesións de terapia ocupacional, fisioterapia e logopedia en Ourense cun custo que ascende a unha cantidade de 890 euros mensuais, unha cifra imposible de asumir para a súa familia.

Para iso, a Fundación Amigos de Galicia conta coa colaboración do Concello de Verín para financiar o custo total, que ascende a unha cantidade de 10.680 euros.  O Concello farase cargo do 30% do custo total do tratamento, 3.204 euros, facéndose cargo a Fundación do 70% restante a través da campaña de tapóns.

Para facerse cargo do custo dun ano, son necesarios 41.533 kg de tapóns, pero  recentemente finalizada a campaña tapones para Nahir (unha nena de Pontevedra con tetraparesia discinética e parálise cerebral infantil), a entidade xa dispón de 14.400 kg para esta nova campaña, necesitando por tanto 27.133 kg a maiores. Esta cantidade tradúcese en 19 millóns de tapóns.

Son moitos os quilos que fan falta para financiar os custos da pequena, pero desde a entidade espérase unha boa acollida por parte da cidadanía.

Os/as interesados/as poden atopar os puntos de recollida de tapóns na páxina web da entidade, e igualmente anímase a establecementos, colexios e cidadanía da zona de Ourense a converterse en puntos de recollida, para que entre todos a pequena poida asegurarse un ano de tratamento.

Convenio de colaboración

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, e o Director Xeral da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto, asinaron o pasado mes de novembro un convenio de colaboración que atende ás familias con escasos recursos do Concello dentro do Plan Integral pola Integración Social e contra a Exclusión - dando atención prioritaria á infancia e ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

A Fundación Amigos de Galicia atende ás familias do municipio que teñen graves carencias económicas e cobre as súas necesidades básicas coa repartición de alimentos, roupa, material escolar, etc. Estas familias reciben un paquete con produtos básicos de primeira necesidade e produtos frescos como iogures, verduras, froitas, etc.

Desde xaneiro do 2016 ata novembro, a Fundación Amigos de Galicia atendeu en Verín unha media de 25 familias, adultos unha media de 58, e menores unha media de 15. A axuda achegada a día de hoxe  no Concello desde que comezou o ano é de 41.942 euros.

Para este labor social a Fundación contou coa colaboración do Fondo Social Europeo, Goberno de España, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e unha achega do Concello de 3.600 euros.

Campañas de tapóns na Fundación Amigos de Galicia

Nos últimos anos, a Fundación Amigos de Galicia levou a cabo diferentes campañas de recollida de tapóns solidarios. Estes foron os nenos atendidos coas campañas organizadas desde a entidade.


-          Reda é un neno de 5 anos que residía en Santa Comba que sofre parálise cerebral congénita denominada tetraparesia espástica. Co apoio da Fundación Amigos de Galicia, puido realizar un tratamento intensivo en Teo e adaptar a vivenda ás súas necesidades. O custo do tratamento en Teo foi de 1.380?, e o de adaptación da súa vivenda 2.400 euros.

-          Matías é un neno de 7 anos de Teo (agora vive en Ames), que padece atraso global de desenvolvemento, diparesia espástica, epilepsia e displasia renal. Coa axuda da Fundación puido someterse a un tratamento de Therasuit en Guadalaxara cun custo de 2.651euros 

-          Álex é un neno de 8 anos de Vigo que padece leucomalacia periventricular con tetraparexia espástica; e co apoio da Fundación puido someterse a tres sesións de Therasuit na clínica de Fisioterapia AIFIS da Coruña, cuxo custo total (as tres sesións) ascende á cantidade de 5.796?. Ademais, a Fundación fíxose cargo do custo de dous meses dun piso na Coruña (400 euros/mes – 800 euros os dous meses), para poder realizar ditas sesións.

-          Alistair, un neno de de 12 anos de Taboadela (Ourense) con atraso madurativo, parálise cerebral infantil, epilepsia e reflujo gastroesofágico recibiu os tratamentos fisioterapia e logopedia na clínica Alonso Mongue de Ourense,  cun custo de 8.020 euros -585 euros ao mes durante 14 meses-.

-          Iria, unha nena de 13 anos de Taboadela (Ourense) con síndrome perisilviano bilateral puido recibir varios tratamentos de rehabilitación e logopedia durante 12 meses na clínica Alonso Mongue de Ourense valorados en 2.370? en total.

-          Belén, unha nena de Silleda con hidrocefalia portadora de válvula, parestesias e paresias en extremidades inferiores, espiña bífida, mielomeningolele e reflujo vesicoureteral someteuse a un tratamento intensivo de fisioterapia durante dous anos valorado en 1.864,50 euros en total. 

-          Nahir, unha nena de 5 anos de Pontevedra con tetraparesia discinética e parálise cerebral infantil. A pequena recibiu sesións de neuroehabilitación, RHB robotizada con lokomat e logopedia durante seis meses por valor de 3.344 euros.




 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac