Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Contacontos e manualidades “Un dragón na busca de princesa” na Biblioteca Municipal de Verín
Contacontos e manualidades “Un dragón na busca de princesa” na Biblioteca Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Marzo 2017 13:25

O vindeiro venres 17 de marzo, ás 18:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: "Un dragón na busca de princesa", no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de animais e unha manualidade, con materiais reciclados.

Nesta ocasión queremos que sexa unha actividade compartida, onde tamén os/as pais/nais veñan a facer unha manualidade xunto cos/as seus/súas fillos/as.

A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac