Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca Municipal de Verín organiza o ciclo de actividades “Alfonso Graña, Rei da Amazonía”
A Biblioteca Municipal de Verín organiza o ciclo de actividades “Alfonso Graña, Rei da Amazonía” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Marzo 2017 14:22

Entre o 27 e o 31 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín  organiza un  ciclo de actividades  adicado a Alfonso Graña, emigrante e explorador galego,  proclamado "Rei dos Xíbaros", co nome de "Alfonso I da Amazonía".

“Hai vidas que superan os guións de cine”. Tras esta afirmación, Biblioteca Municipal de Verín ofrece os asistentes a este ciclo de actividades a posibilidade de coñecer a vida de aventura deste emigrante galego (Amiudal, Avión, 5 de marzo de 1878), que chegou a converterse en rei da Amazonía, proclamado “Alfonso I da Amazonía” polas tribos Jíbaras, Aguaruna e Huambisa nos ríos Nieva e Santiago do Alto Marañón, e cun territorio superior a metade da Península Ibérica.

 As actividades programadas son as seguintes:

  • Exposición temática fotográfica. (27 ao 31 marzo na Biblioteca Municipal).
  • Conferencia D. Maximino Fernández. (Xoves 30, ás 19.30 horas, na Biblioteca Municipal).
  • Visionado do Documental de RTVE adicado a Alfonso Graña . (Venres 31, ás 19:30h, no Salón de Actos).

Dita iniciativa está organizada pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín e está enmarca dentro da programación de actividades destinadas ao fomento dá lectura e dinamización dá instalación municipal.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse no teléfono 988 41 36 24, na web da Biblioteca, e no perfil da mesma en Facebook.

 

 




Guía da Comarca de Verín