Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Goberno municipal de Verín defende a sanidade como un dereito fundamental de todas as veciñas e veciños
O Goberno municipal de Verín defende a sanidade como un dereito fundamental de todas as veciñas e veciños PDF Imprimir Correo-e
Venres, 17 Marzo 2017 14:14

O Goberno municipal de Verín ven de expresar o seu apoio á manifestación en defensa da sanidade pública, convocada mañá a partir das 18:30 dende a praza do Concello. O tenente de alcalde e portavoz do goberno, Diego Lourenzo, expresou en nome do Goberno municipal “o total respaldo á denuncia das políticas de recorte da Xunta nesta materia”, e o seu compromiso  co mantemento e mellora de todos os apartados asistenciais na comarca.

“A sanidade pública non só é un dereito fundamental, senón que é o principio do camiño”, afirmou Lourenzo, “porque sen saúde non se poden exercer todos os demais privilexios da cidadanía”. Neste senso, afirmou que a calidade e as prestacións da sanidade en Verín “están en franco retroceso, é iso non o podemos permitir”.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac