Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas "A sal da vida", contacontos e manualidades.
"A sal da vida", contacontos e manualidades. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Marzo 2017 12:15

O vindeiro venres 24 de marzo, ás 18:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: "A sal da vida", no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de animais e unha manualidade, con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


 




Guía da Comarca de Verín