Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Una vintena de nenos e nenas participaron no Concurso de Gateo no Pavillón Municipal de Verín
Una vintena de nenos e nenas participaron no Concurso de Gateo no Pavillón Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 18 Abril 2017 12:35

Esta mañá, unha vintena de nenos e nenas participaron no Concurso de Gateo celebrado no Pavillón dos Deportes de Verín -organizado desde Escola de Familia do Concello de Verín, en colaboración con Unicef e a campaña "gotas para Níxer"- onde os/as menores gatearon para que en Níxer tódolos nenos e nenas poidan ter auga potable. O rematar o concurso, que tivo dúas categorías: 0 a 18 meses e 18 meses 36 meses, todos/as os/as cativos/as recibiron una medalla de chocolate pola súa participación.

Esta actividade, organizada en conmemoración o Día do Deporte (22 de marzo) e o Día da Auga (6 de abril), serve ós máis cativos para estimular a súa psicomotricidade grosa, o equilibrio, a coordinación e o que é máis importante, a convivencia entre iguais e o fomento da actividade física dende a máis tempérana idade.


 

 




Guía da Comarca de Verín