Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Raquel Pérez presenta a obra “La irresistible Silvia” na Biblioteca Municipal
Raquel Pérez presenta a obra “La irresistible Silvia” na Biblioteca Municipal PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Abril 2017 11:50

O vindeiro 21 de Abril ás 19:30h, a socióloga Raquel Pérez García presenta a súa obra “La irresistible Silvia” na Biblioteca Municipal do Concello de Verín.

Esta obra tenta dar resposta a preguntas como: Por que sentimos fracasados se nos equivocamos?, Onde está o éxito persoal ou profesional? Quen o define? Cando hai que saber perder? Por que necesito que outros me vexan sempre como gañadora? Que facer coa miña vida profesional aos 43 anos se teño que empezar de novo? e outros moitos interrogantes que se expoñen no libro e aos que se pretende dar resposta.

Ao final do libro comprenderemos que a nosa actitude é a clave e que a actitude positiva é o que nos permite camiñar pola vida.

Raquel Pérez García:

Raquel Pérez é licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, doutora en Socioloxía das Organizacións pola UNED e Máster en RRHH por ICADE. Actualmente é profesora universitaria e exerce como consultora de empresas en temas de desenvolvemento persoal, carreira profesional e xestión de recursos humanos.

 

 




Guía da Comarca de Verín